Xornada informativa. Atraer talento global á UVIGO: o papel de supervisor/a en MSCA PF 2025
“Vale a pena investir en xente con ideas excelentes, xente que trae novidades e paixón por investigar”. Con esta idea de fondo, este xoves celebrouse no campus unha xornada informativa organizada desde a Oficina de Proxectos Internacionais co obxectivo de pór ao día ao persoal investigador sobre as múltiples oportunidades que ofrece a convocatoria europea Marie Skłodowska-Curie Actions Postdoctoral Fellowship (MSCA PF), unha “excelente oportunidade” para atraer talento internacional aos grupos de investigación, institutos e centros de investigación da Universidade de Vigo.
Fonte: DUVI