Aprendizaxe baseada en competencias. As competencias xenéricas nos perfís académicos das carreiras 29/03/2016

Visto 602 veces

Aprendizaxe baseada en competencias. As competencias xenéricas nos perfís académicos das carreiras

A formación universitaria non pode reducirse a unha boa formación académica, senon que é imprescindible un esforzo no desenrolo de actitudes e valores que permitan que antes que nada os universitarios sexan principalmente persoas.

Aurelio Villa Sánchez.

Doutor en Pedagoxía pola Universidade Pontificia de Salamanca e diplomado en Psicoloxía Clínica. É director da Escola de Negocios Afundación. Impartiu docencia na Universidade Deusto en materias como Didáctica Xeral, Historia da Educación, TIC aplicada á Xestión Académica, Metodoloxía Cuantitativa ou Métodos de investigación. É coautor de libros relacionados coa temática da conferencia como «Aprendizaje Basado en Competencias. Una propuesta para la evaluación de competencias genéricas» e « Experiencia multidisciplinar del desarrollo de competencias y créditos transferibles en el contexto universitario», entre outros.
Participou en multitude de proxectos de I+D+i como a «Análisis de herramientas de evaluación de la calidad docente mendiante contrastes basados en estándares internacionales de excelencia», «El aprendizaje autónomo y formación en competencias genéricas en la Universidad», «Evaluación del profesorado» ou «Multidimensionalidad del modelo de profesor ideal; condicionantes estructurales que lo determinan».

Presenta: Xosé María Gómez Clemente
Vicedecano, Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo
Aurelio Villa Sánchez
Presidente, Foro Internacional de Innovación Universitaria