Iniciativas como INCUVI, “reforzan o papel da universidade como berce do máis alto saber e como correa transmisora dese saber ao conxunto da sociedade” 31/03/2016

Visto 930 veces

Iniciativas como INCUVI, “reforzan o papel da universidade como berce do máis alto saber e como correa transmisora dese saber ao conxunto da sociedade”

Os premios Incuvi cumpren un lustro buscando as mellores iniciativas emprendedoras universitarias para convertelas en realidades empresariais. Nestas cinco edicións presentáronse 150 propostas e 47 delas convertéronse en startups de alto valor innovador nos tres campus. Este xoves déronse a coñecer as 12 propostas gañadoras da edición 2016 dos premios Incuvi-Emprende e as dúas iniciativas seleccionadas na primeira edicións Incuvi-Avanza, unha convocatoria de consolidación para propostas vencedoras en edicións anteriores.

José Manuel Pinal
Director xeral de Centros e RRHH, Xunta de Galicia